martes, 4 de junio de 2013

Finalidade



 
O punto máis importante dende o que nace este obradoiro é educar en valores, no respeto ao medio ambiente desenrolando novos usos de materiais, de elementos de corta vida ou que basicamente non utilizamos. Tamén respeto ao formar parte dunha orquesta na que o papel que temos que interpretar e o da solidaridade e o traballo en grupo. Por outro lado estamos desenrolando a creatividade dos participantes a diferentes niveis, tanto dende o punto de vista da construcción dos instrumentos propoñendo materiais, formas e sons, como na composición musical que surxe completamente na base da improvisación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario