Desenrolo do Obradoiro:
O tempo estimado para levar a cabo o obradoiro son tres dias, distribuídos da seguinte maneira:
• A primeira xornada comeza coa toma de conciencia do entorno sonoro e escoita de sons da natureza así como do noso propio corpo, concepto que nos predispón a asimilalo e conseguir enlazar a propia natureza coa presentación dunha serie de 60 instrumentos previamente realizados con materiais reutilizados, organizados en:
◦ instrumentos de corda
◦ instrumentos de vento
◦ instrumentos de percusión
Finalmente cada participante elaborará un instrumentos que se podería denominar de construción sinxela. Ao remate propoñerase aos participantes aportar materiais para a construción de novos instrumentos na seguinte xornada.
• Será precisamente a mostra de novas propostas o comezo do segundo día a partir do cal procederase a construcción destes novos instrumentos. Comezatemos a xogar sobre a improvisación e a conciencia musical, así organizarase unha orquestra sobre os propios instrumentos e sons que creamos, onde os participantes formarán parte da agrupación como intérpretes e tamén albergamos un espazo para que podan dirixir o grupo.
• No último día centraremonos en ultimar os detalles da interpretación e mostrar por medio dun concerto de libre acceso o traballo realizado interpretando 2 obras, a primeira dirixida polo director do taller e a segunda por un participante nas xornadas.
Esta estrutura pode ser amoldada ao tempo segundo as necesidades, podendo desenrolarse en máis xornadas ou incluso nunha sola.
Participantes:
A orientación é para nenos e nenas de 3 a 12 anos, podendo ampliar o rango de idade a adolescentes, pais e nais, etc., en definitiva calqueira que este motivado a participar.
Interese:
Esta proposta basease na propia intuición no neno e no xogo, eles mesmos se sorprenden das melodías e rítmos que se conseguen completamente improvisado con instrumentos da sua propia creación e con base en elementos de desfeito e obxectos de uso cotiá.
Definitivamente pretendemos desenrolar a creatividade, o respeto aos compañeiros, ademáis de axudar a relacionarse de forma natural co entorno que o rodea aportando valor e o coidado que se merece.